O parque infantil de Reboredo pasa unha última revisión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPonte Caldelas
A-
A+
O alcalde supervisa os xogos do parque

O alcalde supervisa os xogos do parque

O alcalde de Ponte Caldelas supervisou o inicio da instalación dos xogos que compoñen o parque infantil de Rebordelo co fin de verificar a idoneidade dos aparatos que se van instalar e comprobar o avance do acondicionamento exterior da zona anexa ao centro sociocultural restaurado hai dous anos polos veciños e que contou coa colaboración do Concello.

Este investimento lúdico-recreativa, promovido polo Concello de Ponte Caldelas, enmárcase dentro do Plan de Investimentos da Deputación, grazas ao cal o alcalde Perfecto Rodríguez está a completar a ampla rede de parques infantís existentes no municipio e fai que practicamente ningún lugar quede sen este tipo de instalacións.

O parque infantil de Rebordelo, cando finalice o seu proceso de instalación, contará cun tobogán, un bambán de dous asentos, un peirao balancín individual e un balancín dobre. Todos estes elementos contan coa homologación de seguridade da normativa europea para evitar calquera contratempo a nenos de moi curta idade.

Ademais, este parque infantil de Rebordelo conta cun peche perimentral en madeira que vén non só a dar maior seguridade ao recinto e aos nenos e nenas que alí xoguen, senón que tamén contribuirá a mellorar a imaxe do terreo exterior anexo ao centro sociocultural que está tamén en proceso de rehabilitación por parte dos veciños, co encintado dos seus muros e dun hórreo alí situado.

Esta actuación pretende completar o plan municipal consistente na instalación deste tipo de áreas lúdico-recreativas para que os nenos e nenas do municipio que vivan en zonas rurais non se poidan sentir discriminados respecto a outros núcleos nos que si existe unha área de xogos e poidan así desenvolver as súas habilidades psicomotrices e psicosociais ao entrar en relación, a través do xogo, dun xeito interactivo todos os nenos e nenas entre si.

20 de agosto de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.