O parque de Santa Margarita da Coruña convértese non centro de varias actuacións musicais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa sobre os Festivais Urbanos que situarán ao parque de Santa Margarita como o epicentro galego da música alternativa. Así, durante tres días, a localización se converterá no escenario de proxección dos grupos urbanos coruñeses que comparten espazo con algúns dos referentes nacionais nos seus diferentes estilos musicais e artísticos, como Dano & Emelvi, Def con Dos ou Simón García.

Esta cita ineludible para os fans do hip-hop, o rock e a música alternativa, arranca este xoves, día 15 de agosto, co Hip-Hop F.U.C. (Festival Urbano Coruñés); ao que lle seguirán o Rock F.I.R.C. (Festival Independente de Rock Coruñés), o venres 16; e o Electrónica F.E.C. (Festival Electrónico Coruñés), o sábado 17.

Estes Festivais Urbanos súmanse á ampla e variada oferta musical que se deseñou para as Festas María Pita que conta con máis de 100 concertos, espectáculos ou actuacións musicais de mediano formato co obxectivo de que todo o mundo poida participar nas actividades programadas.

Hip – Hop F.U.C. (Festival Urbano Coruñés).
Xoves, 15 de agosto, de 18.00 a 00.00 horas.
– Dano & Emelvi (Madrid).
– Watios (A Coruña).
– BBM (Vigo).
– Charlie Tzara (A Coruña).
– Erin (Santiago).
– Alan Bi Rush (Ferrol).
– Trak (A Coruña).
– Overgrounz (A Coruña).

Rock F.I.R.C. (Festival Independente de Rock Coruñés).
Venres, 16 de agosto, de 20.00 a 02.00 horas.
– Def con Dos (Madrid).
– Konflikto (A Coruña).
– Anima (A Coruña).
– Yül (A Coruña).

Electrónica F.E.C. (Festival Electrónico Coruñés)
Sábado, 17 de agosto, de 17.00 a 02.00 horas.
– Architectural (Oviedo).
– Simón García (Madrid).
– HD Substance (Madrid).
– Roi (A Coruña).
– N.I.C.O. (Pontevedra).
– Erol Grün (A Coruña).
– Frances Lerouge (A Coruña).
– Parasit VJ (A Coruña).
– VJ Ram (A Coruña).

A programación musical é un dos pratos fortes destas Festas María Pita 2013. De feito, hoxe mesmo, celébrase a Batalla Naval cun gran concerto coa participación de Depistaos, Melocos e Dover. Ademais, a praza de María Pita acollerá os concertos de Luar na Lubre, o 16 de agosto; o 17, Macaco; o 22, Carlos Núñez coa OSG; e o 23, Ainhoa Arteta coa OSG.

14 de agosto de 2013 | 16:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.