publicidade hoxe

O Pantin Classic é un dos sinais identificadores do patrimonio inmaterial da Comarca de Ferrolterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesDeportes PortadaFerrolLocalValdoviño
A-
A+

O primeiro edil da cidade sinalou que o campionato “é un dos sinais identificativos do patrimonio inmaterial da nosa comarca”.

O rexedor agradeceu o esforzo e traballo dos organizadores do evento deportivo para pechar un programa de gran calidade, onde deporte, medio ambiente e cultura se unen para converter á comarca na capital do surf.

Presentación oficinal do evento

Presentación oficinal do evento

O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu esta mañá a presentación oficial da 26 edición do Pantin Classic Galicia Pro, “todo un clásico no circuíto de verán e o campionato máis antigo de España e de Europa”, subliñaba o primeiro edil da cidade. A competición que se celebrará do 26 de agosto ao 1 de setembro congregará aos mellores surfistas do panorama nacional e internacional tanto na categoría masculina como feminina.

Na súa intervención, o rexedor municipal, que estivo acompañado pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; polo alcalde de Valdoviño, Jose Antonio Vigo Lago e máis pola concelleira de Turismo, Maica García, manifestou que “as nosas praias volverán a acoller unha das probas ineludibles para aqueles que aspiran a se converter nos líderes do ranking internacional de surf”. Rey Varela lembrou que o campionato vense a realizar dende hai 26 anos gracias a un grupo de ferroláns, seguidores deste deporte, que decidiron arriscarse e por en marcha un evento deportivo que situase a Ferrol no punto de mira do surf mundial e que “hoxe en día é un dos sinais identificativos do patrimonio inmaterial da nosa comarca”. Ao fío disto, o primeiro edil encomiou o esforzo e traballo dos organizadores do Pantin Classic Galicia Pro por “lograr pechar un programa dunha calidade excepcional, onde deporte, medio ambiente e cultura se dan a man para converter de novo a comarca de Ferrolterra na capital do mar e dos deportes náuticos”. Así mesmo, tamén agradeceu o apoio incondicional da Secretaría Xeral para o Deporte, a Axencia de Turismo de Galicia, dous departamentos da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Valdoviño e os numerosos patrocinadores privados. ”Que dun xeito ou doutro axudaron á súa celebración e cuxo impulso ten permitido a esta proba consolidarse e perdurar ao longo do tempo ata se converter no que é hoxe en día” engadiu o rexedor municipal.

Impulsor do turismo

O alcalde, Jose Manuel Rey Varela subliñou que o campionato mundial de surf constitúe un dos mellores eventos de promoción turística da comarca de Ferrolterra que unida ao principal produto turístico do Concello de Ferrol, a Ruta da Construción Naval, “van a ser nos vindeiros anos dous polos de atracción fundamentais para impulsar un sector que está chamado a se converter nun dos motores da economía local: o turismo”. Así, o primeiro edil da cidade manifestou que “logo de 26 anos acollendo unha proba deste nivel, non se entendería un verán sen a celebración do Pantin Classic, competición que converte a nosa comarca na capital do surf”.

19 de agosto de 2013 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.