O padeeiro Luís Fernández quedou campión de España de Slalom
A pasada fin de semana celebrouse, no río Segre, no Canal de Pons (Lleida), o Campionato de España de Slalom Olímpico de Piragüismo, onde o padeeiro do Club Piragüismo Penedo, Luís Fernández, natural do Concello de Tui, acadou a medalla de ouro na categoría C1 Cadete.
Por este motivo, o próximo venres 16 de agosto, ás 11.00 horas, o Concello de Tui recibirá no Salón de Plenos ao padeeiro, para felicitalo polo magnífico resultado acadado neste campionato de España.











