O novo museo virtual da Festa do Pulpo do Carballiño xa pode visitarse a través de distintos dispositivos electrónicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaO Carballiño
A-
A+

“Ola, son de Australia e estou de paseo en O Carballiño”. Isto xa é posible grazas ao novo museo virtual da Festa do Pulpo de O Carballiño www.festadopulpodocarballino é que desde hoxe está en marcha para mostrar as excelencias da vila de O Carballiño e da súa festa gastronómica, declarada de interese turístico nacional, a todo o mundo.

Así o comentaba o alcalde Argimiro Marnotes na presentación desta nova ferramenta turística, destacando que só nos falta poder levar o sabor único do noso pulpo a través de internet, pero iso por agora é imposible, do mesmo xeito que a hospitalidad de todos os carballiñeses para recibir aos visitantes. Pero todo o demais poden velo nesta nova web, que a máis dun vai sorprender, ata aos propios carballiñeses”.

O museo virtual está ambientado no propio Parque Municipal onde se desenvolve a Festa do Pulpo. Cada ambiente representa unha década onde o visitante pode navegar virtualmente polo parque, visualizando os diferentes os diferentes carteis, imaxes e recortes de prensa.

Pola súa banda outra das seccións máis vistosas desta nova web é a visita virtual a O Carballiño, esta realízase desde as diferentes zonas e monumentos da vila, podendo o visitante acceder e moverse de xeito virtual en todos eles.

O libro electrónico, tamén incluído nesta web, ilustra con textos e imaxes a propia festa, o parque onde se desenvolve, O Carballiño, o pulpo e, por suposto, os pulpeiros e pulpeiras de O Carballiño.

O punto de partida de todas estas visitas virtuales é a páxina web antes mencionada, desde a cal o visitante pode acceder a todos os elementos, á vez que pode proporcionar información actualizada da propia festa e a vila carballiñesa, a través de seccións como a axenda, hemeroteca ou a galería de imaxes. Isto é algo que destacaba o propio alcalde “é unha web aberta, viva, onde todos van apoder colaborar e onde se actualizarán os seus contidos segundo o pida a actualidade”. Esta web ten un deseño adaptable ao dispositivo desde onde se accede xa sexa ordenador, tablet ou smartphone. Para a súa creación o concello de O Carballiño contou cunha subvención do AGADER.

1 de agosto de 2013 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.