O martes péchase a Alameda e a rúa Raíña Vitoria polas festas da Peregrina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Festas xa ten ultimado toda a coordinación para a semana grande de festas no concello, para a celebración das festas da Peregrina. Un dos piares fundamentais son os distintos operativos de tráfico e seguridade que activa a Policía Local para estas festas, baixo a supervisión da concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva (tamén responsábel de Festas).

O primeiro dos operativos é o peche ao tráfico das rúas Alameda e Raíña Vitoria onde se instalarán as atraccións intinerantes da Peregrina. O peche está previsto a partir do martes, 6 de agosto, a partir das 23.00 horas.

O operativo comeza o luns, 5 de agosto, coa colocación de valados con sinalización prohibindo o estacionamento nas seguintes rúas:

• Prohibido estacionar dende as 15 horas do martes, 6 de agosto, en:

– Raíña Vitoria

– Maestranza

– Xeneral Martitegui

• Prohibo estacionar dende as 19 horas do martes, 6 de agosto, en:

– Rúa Alameda

O peche de Alameda e Raiña Victoria efectivizarase o martes, 6 de agosto, a partir das 23.00 horas coa modificación de sinalización e cambios de sentido de circulación que se relaciona:

• Raíña Vitoria: Corte de tráfico dende a entrada e saída do aparcadoiro da Alameda até o cruce coa rúa Palamios.

• Alameda: dende a rotonda de San Roque-Paseo Colón até a rúa Enrique Marescot (Subdelegación Goberno).

• Rúa Echegarai: Restrínxese a circulación agás residentes e servizos. O acceso farase pola rúa Maestranza, fronte a fachada principal da Facultade Belas Artes e o Ambulatorio Virxe Peregrina.

• Xeneral Martitegui: Invírtese a dirección da rúa Xeneral Martitegui, co fin de permitir o acceso a rúa Maestranza – Echegarai, e ao aparcadoiro Praza España.

Rúa San Roque: Restrínxese o tráfico de acceso dende Corbaceiras até a rúa Alameda, agás residentes. Tamén dende o Paseo Colón en dirección obrigatoria cara a Corbaceiras, agás entrada ao aparcadoiro soterrado (acceso rúa Raíña Victoria).

• Traslado da parada de taxis da rúa Alameda a Xeneral Martitegui

PUNTOS DE CORTE OU DESVIOS

Punto 1 (Palamios – acceso Rosalía de Castro): Sinal de entrada prohibida cara San Roque. Sinal de sentido obrigatorio cara Avda. Raíña Vitoria.

Punto 2 (Praza da Liberdade – Xeneral Rubín): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda “agás residentes e servizos rúas Centro Historico e San Xosé”.

Punto 3 (Raíña Vitoria – Palamios): Valado de peche de rúa, con sinal de entrada prohibida e sinal de sentido obrigatorio á dereita (cara Pastor Díaz).

Punto 4 (Glorieta Paseo Colón – Raíña Vitoria): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda “agás Parking”.

Punto 5 (Glorieta Paseo Colón – Alameda): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda “ agás garaxes”.

Punto 6 (Alameda – E. Marescot): Valado de peche de rúa con sinal de entrada prohibida e sinal de dirección obrigatoria a dereita (E. Marescot).

Punto 7 (Corbaceiras – San Roque): Sinal de entrada prohibida. Panel coa lenda “ agás residentes e servizos”.

VÍAS ALTERNATIVAS AO TRÁFICO DE SAÍDA CARA PONTE DA BARCA

A saída pola ponte da Barca será principalmente por Alfonso XIII e os residentes e servizos pola rúa Echegarai.

O tráfico procedente de Augusto González Besada cara a Raíña Vitoria será desviado pola rúa Xeneral Rubín cara Fernández Ladreda – Manuel del Palacio – Av. Corbaceiras – e Uruguai coa seguinte alternativa ao tráfico:

Xofre de Tenorio – Alfonso XIII – Ponte da Barca
Ponte das Correntes – Domingo Fontán e saída cara a estrada Sanxenxo ou Vilagarcia e AP-9

ENTRADA CIDADE PROCEDENTE  ESTRADA POIO

Entrada Ponte da Barca – Paseo Colón  coa alternativa de Monteleón cara a Corbaceiras e San Roque cara a Corbaceiras ou Manuel del Palacio.

Ponte das Correntes: Con diversas alternativas a distintos destinos da cidade ou paso da mesma.

ALTERNATIVA AO TRÁFICO ENTRADA E SAÍDA CIDADE

Accesos autopista (AP-9)

RECOMENDACIÓNS

Como consecuencia do peche das rúas Alameda e Raíña Vitoria, o tráfico de saída cara as praias realizase habitualmente polas rúas Xeneral Rubín, Fernandez Ladreda cara a Corbacerias, Xofre de Tenorio – Alfonso XIII e Ponte da Barca. O que orixina unha alta densidade de tráfico, especialmente en horas punta.  Como alternativa ao tráfico rodado proponse utilizar o anel de Rúa Estación – Doce de Novembro – Xosé Malvar cara a Domingo Fontán e incluso utilizar a circunvalación da estrada de Vilagarcia á altura de Campaño cara as praias. (en moitas ocasións os problemas de tráfico de saída da cidade o son na outra banda da Ponte da Barca). 

5 de agosto de 2013 | 10:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.