O Liceo Casino presenta o Campionato de España de Platu 25

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportes
A-
A+
Presentación do campionato

Presentación do campionato

Ás 12 de mañá no Peirao de Pasaxeiros tivo lugar a presentación do Campionato de España da clase platú 25 que organiza o Liceo Casino do 29 de agosto ao 1 de setembro.

Para presentar o acto contamos con Carlos Paz como secretario nacional da clase platu, Manuel Villaverde como presidente da Federación Galega de Vela, Antonio Castro presidente do Liceo Casino, Antón Paz o noso regatistas de referencia e patrón do Mar de Frades e Juanjo Durán delegado de vela do Liceo Casino. Durante a presentación ademais de explicar os aspectos técnicos da proba, o Presidente do Liceo Casino aproveitou a ocasión para agradeceron o seu apoio a deporte galego, deputación, Federación, Gadis, Mar de Frades, Nordés, Pinturas Proa, Serigal e a clase platú25 polo seu apoio para lograr que o evento sexa todo un éxito de participación e organización.

O Campionato dará comezo o xoves coa xornada de medicións na que todas as tripulacións deberán pasar os barcos por inspección asegurando que se cumpren as normas da clase, o propio xoves ás 20 horas no Club de Mar terá lugar o acto de inauguración do Campionato no que se servirá un ágape aos regatistas momento no que poderán degustar o caldo Mar de Frades, un dos patrocinadores do evento.

O venres ás 14 horas será a saída da primeira das probas, están programadas un total de 9 mandas das que deberán completarse polo menos 2 para a validez do Campionato, o sábado e domingo ás 12 horas comézase a xornada na auga. A entrega de premios e acto de clausura será o domingo ás 17 horas, nese momento saberemos quen conseguirá o ansiado título de Campión de España. Polo momento resulta difícil dicir falar de favoritos, pois a clase platu25 engloba os mellores patróns da vela nacional, boa proba diso é que se darán dita este fin de semana medallistas olímpicos, tripulantes de volta ao mundo e Campións de España e do Mundo de diversas clases.

Podemos destacar dun total de 20 embarcacións que tomarán a saída ao “Mar de Frades” de Antón e Carlos Paz; o “desntistasvigo.com” de Margarita Cameselle que nesta ocasión navegará co Liceista Ero Pons; o “L para comer Lugo” de Gonzalo Araujo; “Pazo de Cea de Laureano Wizner ou o “Pícaro-Movistar” de Marc de Antonio.

O Liceo Casino estará representado nesta ocasión por dúas tripulacións, por un lado a do “Mar de Frades” composta por Antón e Carlos Paz, Juan Debén, Joaquin Cores e Gerardo Prego e por outro lado o barco “Centro Médico Jacinto López” tripulado por Bernardo Paz, Santiago González, Oscar Gómez, Julio Fernández, Sergio Rodriguez e Jacobo García. Ambos os dous poñerán toda a carne no asador para ensinarlles aos seus rivais que para gañarlles terán que pasar por enriba dos de casa.

27 de agosto de 2013 | 20:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.