O Kayak Tudense foi o dominador de todas a categorías sénior no Trofeo Príncipe de Asturias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosDeportesLocalTui
A-
A+
Imaxes das probas

Imaxes das probas

O Kayak Tudense foi o dominador de todas a categorías sénior no Trofeo Príncipe de Asturias que se disputou en Verducido. Confírmase coas súas vitorias en home e mulleres, tanto en kaiak coma na modalidade de canoa.

Na especialidade de K-4 foron Diego Piña, Rubén Millán, Gabriel Campo e Roberto Rodríguez os que impuxeron a súa autoridade. Non tiveron moitos problemas para liderar a proba, por diante dos compoñentes do Club Piragüismo Vilaboa. O Kaiak Tudense tamén logrou o terceiro posto nesta disciplina, coa embarcación composta por Roi Rodríguez, Diego Domínguez, Andrés Pérez e José Manuel Sobrado.

Os padexeiros tudenses tamén deron mostras da súa calidade. Ana Varela, Carla Pérez, Valeria Romero e Leticia Piña foron a primeiras en lala clasificación final. A súa proba pode considerarse brillante, xa que se impuxeron con autoridade. O barco composto por Ana Belén Bouza, Mónica Araújo, Patricia Domínguez e Carla Cerqueira logrou o quinto posto final.

David Costa, Dasniel Costa, Adrián González e David González foron os dominadores en C-4, superando con claridade a todos os seus adversarios. O Club Ría de Betanzos foi segundo e o Ás Torres Romaxe Viquinga, terceiro.

16 de agosto de 2013 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.