O Kaiak Tudense promociona o Descenso do Miño en Vigo

Presentación na rúa Príncipe
O Kaiak Tudense, club organizador do Descenso do Miño que se disputará o sábado pola tarde, trasladou á rúa do Príncipe de Vigo esta iniciativa deportiva. Os deportistas da entidade tudense ofreceron información ás persoas que se interesaron pola proba e tamén polo piragüismo. O Kayak Tudense instalou unha carpa e tamén unha embarcación da modalidade de K-1.
Diego Piña, un dos seus padexeiros máis importantes, liderou o grupo. Tamén foi o encargado de ofrecer todas as explicacións que lle solicitaron. O Descenso do Miño desenvolverase entre Salvatierra e Tui o próximo sábado a partir das 18.00 horas. Antes, dende as 16.30 horas, terá lugar o descenso popular, que se iniciará en Caldelas de Tui. Dende o mediodía tamén se desenvolverá unha romaxe popular.
Ata o momento confirmaron a súa presenza corenta clubs, máis de catrocentas embarcacións e case 600 deportistas. Aínda está aberto o prazo de inscrición para ambas as dúas probas, tanto a de competición coma a popular. O Kaiak Tudense móstrase confiado en superar a cifra de mil deportistas e así poder lograr un rexistro histórico.
Diego Piña resaltou que vai ser unha proba moi dura e esixente, como todos os anos. Van participar padexeiros moi importantes e de calidade e iso sempre supón un aliciente”. O deportista do Kaiak Tudense tamén sinalou que lle damos unha grande importancia á proba popular. Esperamos que acuda moita xente, tal como sucedeu o ano pasado,”. O descenso popular é apto para todas a idades.











