O Instituto de Patrimonio Cultural de España entrega á Asociación Cristóbal Colón Galego un facsímil das “Capitulaciones de Santa Fe”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPoioPontevedraProvincias
A-
A+

Desde o Concello de Poio destacouse a labor que realiza a Asociación Cristóbal Colón Galego para demostrar seria e rigorosamente a orixinalidade e autenticidade das probas documentais que vinculan a Cristóbal Colón con Portosanto, como o importante paso dado recentemente coa análise dos documentos de Celso García de la Riega por parte do Instituto de Patrimonio Cultural dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Ademais, tanto a concelleira de cultura como o alcalde salientaron o esforzo constante da Asociación na divulgación tanto da teoría do Colón Galego como na promoción da Casa Museo de Colón en Portosanto, así como as súas contribucións para dotar de actividade e contido este centro, coa achega de distintos materiais como o que foi depositado no concello para a súa exposición no museo, o facsímil de 1970 das Capitulacións de Santa Fe.

>>>>>>>>>>

A casa Museo de Cristóbal Colón en Porto Santo, acrecenta a súa imaxe e enriquece os seus fondos cunha copia facsímil (do ano 1970) das CAPITULACIONES DE SANTA FE, que depositará a Asociación Cristóbal Colón Galego, e que lle foi enviada polo Instituto de Patrimonio Cultural de España con sede en Madrid.

O acto protocolario no Concello de Poio, estivo presidido polo alcalde, Luciano Sobral, e a Concelleira de Cultura, Silvia Díaz, a quen Eduardo Esteban  e Fernando Alonso, como presidente e vicepresidente da asociación Coloniana,  fixéronlle entrega do documento para a súa posterior exposición.

O orixinal que se conserva no Archivo de la Corona de Aragón en Barcelona, é o documento estrela da exposición “Del más allá al Nuevo Mundo. Los viajes medievales y las capitulaciones de Colón”, que se celebra ata finais deste ano. Forma parte do programa “Memoria del Mundo” da UNESCO, no que só hai 34 documentos.

É o contido o que fai excepcional a este documento; xa que nel otórganse a “de Colón”  os títulos de almirante, virrei e gobernador xeral dos territorios que descubrira, así como a décima parte dos beneficios, nomeando como heredeiros aos seus sucesores de forma vitalicia.

A asociación Cristóbal Colón Galego, destaca do documento a designación “de Colón”, tal e como aparece nas “probas documentais”  que veñen empregando para dar a coñecer a posible orixe galego do navegante, tanto en papel  “antes, durante, y después del Descubrimiento”, como nas dúas inscripcións en pedra datadas a finais do século XV (unja ao pé da Casa Museo, de 1490; e outra na Capela lateral en Santa María a Maior ). “Estas pruebas documentales, es en Pontevedra, el  único sitio en el Mundo donde se han encontrado”, como afirman desde a asociación. Recentemente ratificou a súa autenticidade o propio Instituto de Patrimonio Cultural (IPC) na conferencia que pronunciou no Museo de Pontevedra a Xefa do Servizo de Conservación e Restauración de Patrimonio Bibliográfico, Documental e Obra Gráfica, Dª  Mª Carmen Hidalgo Brinquis.

A importancia de esta obra facsímil radica en que tamén inclúe os “salvoconductos para el descubrimiento del Nuevo Mundo”, coas súas transcripcións e traducións, así como os comentarios do director do Archivo de la Corona de Aragón –en 1970- Federico Udina, que chama a atención de que fose redactado en castellano  (e non en latín, a linguaxe “internacional” da época). Esto fai presupoñer que era a lingua coa que se entendían con Colón,  “Y con ello no queremos hacer ninguna alusión al gran problema de la Patria del Descubridor” , dice el erudito en las notas preliminares.

24 de agosto de 2013 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.