O II Foro Pensar a Cidade do século XXI celebrarase na Coruña en setembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioLocal
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que a cidade será a sede do II Foro Pensar a Cidade do século XXI, que se celebrará os días 19 e 20 de setembro no centro Ágora. A iniciativa está organizada, conxuntamente, co Eixo Atlántico.

O obxectivo deste Foro, dedicado a Hábitat, idade e traballo, é sensibilizar tanto aos alcaldes coma aos principais actores económicos e sociais, públicos e privados do territorio do Eixo Atlántico (formado por 34 cidades de Galicia e do Norte de Portugal) sobre as oportunidades e desafíos que a Estratexia Europea 2020 presenta para o goberno e a xestión das cidades.

Deste modo, A Coruña converterase nun espazo para o debate e a reflexión que permitirá identificar boas prácticas na xestión das cidades e novas ideas de programación, así como coñecer achegas internacionais de pensamento e investigación. O prazo para inscribirse está xa aberto a través da web: http://www.eixoatlantico.com/?q=es/node/695

20 de agosto de 2013 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.