publicidade hoxe

O II Cross Solidario do Xamón e o Open A Cañiza 2013 F3Q-Acro de Veleiros Remolcados clausuran a tempada de actividades estivais na localidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaCalendarioDeportesLocal
A-
A+

O OPEN A CAÑIZA 2013 F3Q- ACRO de veleiros remolcados celebrarase durante todo o fin de semana no campo de voo coñecido como “O Pasteiro de Fontefría” con acceso polo Nacional 120 Vigo -Ourense. Está organizado polo Club de Voo a vela Fontefría. Conta coa colaboración da Real Federación Aeronáutica Española RFAE, Concello da Cañiza, Federación Aeronáutica Galega FAG e Deporte Galego.

Trátase dun campionato onde se puntuarán as mellores acrobacias con grandes veleiros remolque por avión a motor.

No F3Q-Acro execútanse programas acrobáticos utilizando veleiros semiescala e aplicando procedementos similares aos utilizados en competicións de acrobacia con veleiros tripulados.

O II CROSS SOLIDARIO DOMINGO XAMÓN celebrarase este domingo 1 de setembro organizado polo Servizo de Deportes do Concello da Cañiza. Nesta ocasión quíxose sumar o departamento de servizos sociais para conseguir a colaboración dos participantes e mesmo espectadores, coa doazón de alimentos con destino ao Banco Municipal Solidario de Alimentos. Desta forma as persoas que queiran participar terán que pagar unha inscrición de 3 Euros e doar unha bolsa de alimentos non perecedoiros.

O percorrido deste cross será de 14 km por sendeiros dun alto valor paisaxístico. Terá a súa saída e correspondente meta no aparcadoiro da piscina ao aire libre Das grades. A entrega de números comezará ás 8:00 ata as 9:45 horas. Ata o momento están inscritos preto de 200 participantes pero espérase chegar aos 300 corredores.

Os alimentos deixaranse na recepción do cámping municipal Carballo do Marco, situado a escasos 100 m da saída do Cross, onde os recollerán e acopiarán persoal da organización.

Todas aquelas persoas que desexen colaborar, aínda que non poidan participar na carreira solidaria, poden tamén deixar o seu donativo nesta mesma localización. Recórdase que teñen que ser alimentos non perecedoiros así como material escolar ou artigos de hixiene e limpeza.

30 de agosto de 2013 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.