O I Campamento de inmersión lingüística de Gondomar pecha cunha presentación de película

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocalLocal Portada
A-
A+
Participantes no campamento

Participantes no campamento

Este luns, 29 de xullo, no Auditorio Lois Tobío ás 20:00, tivo lugar a clausura do I Campamento de Inmersión Lingüística da Concellaría de Xuventude do Concello de Gondomar, que se veu desenvolvendo dende o pasado 15 de xullo. Un total de 40 mozos, de idades entre os 12 e 17 anos, participaron nas sesións matinais organizadas dende a área de Xuventude, co obxectivo de axudar aos pais a conciliar a vida familiar e laboral.

Foi unha despedida con moitos nervios, xa que os mozos e mozas participantes presentaron o seu traballo elaborado ao longo deste campamento en formato de película en  inglés e baixo o título de “STEP UP 3”.

Todo ao máis estilo hollywoodense, ata houbo unha alfombra vermella pola que desfilaron todos os seus actores, un photocall con familiares e unha gran premier.

Os mozos e mozas, dunha maneira lúdica, practicaron o inglés, traballaron coas novas tecnoloxías e fixeron unha película. Docentes, participantes, pais e a propia concellaría valora este campamento como un gran éxito de aprendizaxe, un medio de socialización e unha actividade lúdica que puido levarse a cabo grazas a unha gran implicación  por parte tanto do Concello de Gondomar, así como da empresa que o levou a cabo e o Instituto Terra Turonio que cedeu o seu espazo.

1 de agosto de 2013 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.