O grupo Seangles actuará o domingo 25 en Vilargarcía
A formación naceu no ano 2010 e interpretan temas Eric Clapton, Rolling Stones, Queen, The Beatles, Loquillo, Antonio Vega ou Rosendo, entre outros.
O grupo vilagarcián Seangles ofrecerá o domingo un concerto na Praza de Galicia no que os clásicos do rock nacional e internacional soarán con toda a forza e a calidade do seu directo. A formación creada no ano 2012 subirase ao escenario en lugar de 7 Setenta, que suspendeu unilateralmente a súa actuación. O concerto de Seangles comezará ás 22:00 horas e fará un repaso aos grandes éxitos de grupos e solistas das décadas dos 70, 80 e 90.
Seangles é un grupo integramente vilagarcián. Formouse hai dous anos, aínda que os seus compoñentes xa formaran parte doutras formacións musicais. O seu repertorio baséase en versións dos grandes éxitos do pop e do rock, polo que inclúe temas de Eric Clapton, Rolling Stones, The Beatles, Loquillo, Manolo García, Antonio Vega, Los Ronaldos, Orquesta Mondragón, ZZ Top, Bob Dylan, Rosendo, Queen e Dire Strait entre outros.
Os membros da banda son Carlos Bao (guitarra e voces), Tatá del Río (guitarra e voces), José Modino (batería) e Isi Estévez (baixo e voces). A ultima actuación de Seangles en Vilagarcía foi hai unas semanas no marco do ciclo musical “Varietés” organizado por hostaleiros da Rúa Méndez Núñez en colaboración co Concello. A actuación do grupo vilagarcián, foi unha das máis aplaudidas polo público debido tanto ao coñecido repertorio como á potencia e calidade das interpretacións.











