O grupo de teatro do improvisto presenta “Teatro Agochado” en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroCalendarioLocal
A-
A+

02082013-1Hoxe venres, día 2 de agosto Cé orquestra actuará na rúa peonil ás 12:00 h .Se chove trasladarase á Casa da cultura

Baixo Cé orquestra pantasma agóchase o vigués César Freiria, músico apaixoado dos instrumentos musicais. Comezou a súa andaina musical aos oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular , chegando a formar parte de grupos tan dispares entre si como A roda ou banda de punk OXtiax KE Te Pariu.

Organiza: Concellería de cultura do Concello de Boiro

MICROTEATRO 8 E 9 AGOSTO

Os días 8 e  9 de agosto, a partir das dez da noite, terá lugar na Casa de cultura “Ramón Martínez López” de Boiro, unha actividade de microteatro.

O grupo de Teatro do Improvisto con motivo do  25 aniversario da Casa da cultura,  vivirá unha experiencia de microteatro de preto que se desenvolverá con  grupos  reducidos. Cinco escenas teatrais situadas noutras tantas estancias do edificio, que o público poderá gozar dunha maneira diferente, dentro das propias escenas, cos actores evolucionando ao seu redor.

“Unha maneira activa de gozar do teatro que esperamos que sexa do agrado de todos os participantes”.

Cinco experiencias de microteatro destinadas a todos os públicos e nas que poderedes percorrer diferentes estancias da Casa da Cultura dunha maneira totalmente diferente á que estades acostumados.

Elenco: Lois Pimentel, Irene V. Coria, Rosa Saavedra, Richi Maneiro, Loreto Abalo, Antonio Redondo, Manolo Blanco, Lucía Outeiral, Sara Nieto, Rebeca Mayo, Liza Suárez

Dirixe: Gustavo Dieste

2 de agosto de 2013 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.