O goberno lucense reorganiza as áreas municipais unificando Medio Ambiente e Urbanismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLugo
A-
A+

O Alcalde, José López Orozco, e o Voceiro do Goberno Local, Luis Álvarez, anunciaron hoxe unha reorganización das áreas do Goberno Local, motivada pola marcha de Lino González Dopeso e a incorporación no próximo Pleno Municipal de Rosana Rielo.

López Orozco explicou que “o luns Rosana formará parte do Goberno local pero sen dedicación exclusiva por motivos de axenda laboral e que agardamos que pronto se solucione”. Por este motivo, será Luis Álvarez o que se faga responsable da área de Medio Ambiente e que como sinalou o Alcalde “ten unha importante tarefa por diante e supón unha maior responsabilidade pero tamén ten moitas gañas de traballar e moita ilusión”.

Desta maneira, Luis Álvarez, pasará a facerse cargo, ademais de Urbanismo, da área de Medio Ambiente que como sinalou “son dúas concellerías moi similares e que se complementan en moitos casos polo que é unha organización moi coherente”.

Outro dos cambios é que Informática e Novas Tecnoloxías que agora dependía do propio Alcalde, pasarán a ser competencia de Manuel Núñez que xa se fai cargo dos sevizos de Participación Cidadá, 010, Sanidade e Consumo.

30 de agosto de 2013 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.