publicidade hoxe

O goberno local de Abegondo dedicará 40.000 euros á concesión de bolsas educativas para 328 veciños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondoLocal
A-
A+

O Concello de Abegondo destina 40.000 euros das arcas municipais para axudar ao acceso ao estudio de 328 veciños do municipio. Tratouse da convocatoria lanzada polo goberno local para impedir que os custes económicos dificultaran a entrada no sistema educativo, en todas as súas fases.

O Concello deseñou o sistema de tal forma que se primara ás rendas máis baixas á hora de conceder as axudas municipais. A liña de bolsas abarca todas as etapas educativas, desde a Educación Infantil ate a universitaria. Os resultados da convocatoria son os seguintes:

EDUCACIÓN INFANTIL
Importe por subvención atendendo a renda per cápita: 75 €, 70 € e 60 €.
Bolsas concedidas: 64

EDUCACIÓN PRIMARIA
Importe por subvención atendendo a renda per cápita: 90 €, 80 € e 70 €.
Bolsas concedidas: 118

ESO (EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA)
Importe por subvención atendendo a renda per cápita: 110 €, 100 € e 90 €
Bolsas concedidas: 45

BOLSAS DE ENSINANZAS MEDIAS E EDUCACIÓN ESPECIAL
Bolsas concedidas: 52

BOLSAS UNIVERSITARIAS
Bolsas concedidas: 48

PREMIOS FIN DE CARREIRA: 1

TOTAL BECAS CONCEDIDAS: 328

ORZAMENTO DESTINADO:

EDUCACIÓN INFANTIL: 4.465 € – PRIMARIA: 9.780 € – ESO: 4.650 € – ENSINANZAS MEDIAS E ESPECIAL: 10.461,74 € – UNIVERSITARIAS: 10.120 € – PREMIOS FIN DE CARREIRA: 600 €

TOTAL: 40.076,74 €

O alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, apunta que con estas axudas o Concello pretende “promocionar os estudos e, en definitiva, a educación en todas as súas etapas”. Ademais de fomentar que os mozos abegondeses teñan un pulo de cara a continuar os seus estudos na Universidade, o equipo de goberno proporciona unha subvención económica necesaria para moitos residentes para o acceso ao sistema
educativo.

O rexedor salienta que son coñecidos os gastos que implica o curso, desde material escolar ou libros ata o propio transporte ata o centro educativo. “Na medida das posibilidades do noso Concello queremos poñer o noso grao de area para paliar esta necesidade de gastos”, sinala Santiso, que aposta pola educación coma unha das áreas prioritarias ante a crise.

29 de agosto de 2013 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.