O goberno de Vigo contratará a 122 desempregados durante seis meses
Abel Caballero deu conta da aprobación deste punto en materia de emprego dentro da Xunta de Goberno Local celebrada este venres, a contratación durante seis meses de 122 persoas procedentes das listas do INEM de Vigo, desde o próximo 16 de setembro.
O programa municipal VigoEmprega 2013, mediante o cal se articulan as 122 contratacións, forma parte do Plan de Emprego do Concello de Vigo para este ano, dotado de 4 millóns de euros de fondos propios do Concello para a xeración de 661 postos de traballo.











