publicidade hoxe

O goberno das Pontes investirá 200.000 euros en obras no casco urbano e no rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs PontesLocal
A-
A+

O Concello de As Pontes, en Xunta de Goberno, daba hoxe luz verde a dous novos paquetes de obras que suporán unha inversión proxima aos 220.000 euros e que incluirán dende traballos de pavimentación ata obras en sistemas de saneamento ou alumeado en diferentes puntos tanto do casco urbano coma do rural.

Así o equipo que dirixe Valentín González Formoso, respaldaba a adxudicación á empresa tourense Francisco Gómez y Cía. dos traballos de pavimentación en Maciñeira e Chao dos Paces e do alumeado na rúa Cabanas. Estas obras foron adxudicadas por un total de 75.020 euros e forman parte do listado de obras adicionais do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña de 2012.

Por outra banda, o goberno pontés destinará 142.250 euros aos traballos de renovación de redes de auga potable e saneamento nas rúas Neda, Fene, Ares, Rego do Campo, Acibido e Piñeiral; traballos que contan co respaldo económico do Fondo de Compensación Ambiental do exercizo en curso e que foron adxudicados, na sesión desta mañá, á empresa pontesa Alija.

30 de agosto de 2013 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.