O goberno da Coruña inviste 198.000 euros na segunda fase do seu plan de rehabilitación de rúas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Infraestructuras, dispón dun presuposto de 198.365 euros para a segunda fase do plan de renovación e rehabilitación de firmes, un proxecto que chegará nesta ocasión a 10 rúas da cidade.

Esta nova actuación enmárcase na aposta do Goberno municipal pola reurbanización e acondicionamento dos espazos públicos para favorecer a accesibilidade e mobilidade dos peóns. Consistirá na renovación do firme de 10 rúas, a restitución de tapas de rexistro á súa cota e a aplicación posterior das marcas viais sobre o pavimento rodado. Esta segunda fase executarase nas seguintes rúas:

– Europa.
– Pla y Cancela.
– Santo Tomás.
– Vizcaya.
– Novoa Santos.
– Nicomedes Pastor Díaz.
– Roberto Tojeiro.
– Cuento.
– Coronel Cerviño Núñez.
– Rampa del Matadero.

En 2012, arrancou a primeira fase do proxecto da área que dirixe Martín Fernández Prado e que inclúe a renovación de 19 rúas da cidade: a estrada de O Portiño, Paseo de Rolda, Manuel Murguía, avenida da Habana, Cigarreras, Joaquín Planells, General Rubín, Pablo Picasso, José Miñones, Álvaro Cunqueiro, acceso de Alfonso Molina dende a fonte das Pajaritas, Antonio Machado, Salvador de Madariaga, Marqués de Amboage, Marqués de Figueroa, Fernando Rey, Alfonso Molina, Liñares Rivas e Primo de Rivera.

31 de agosto de 2013 | 12:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.