O galego Francisco Piñeiro, no podio do Campionato de España Iberdrola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocalSanxenxo
A-
A+

Comezou en augas de Sanxenxo (Pontevedra) o Campionato de España Iberdrola de Vela Adaptada. A frota paralímpica de 2.4 mR disputou hoxe unha única proba na ría de Pontevedra e é que o vento non puxo as cousas doadas. Antonio Maestre, co “Samba pa ti “, colócase líder da cita pontevedresa, última proba antes da disputa do mundial.

A xornada inaugural do Campionato de España Iberdrola de Vela Adaptada non foi sinxela e é que o Comité de Regatas non o tivo nada doado para dar o bucinazo de saída á manga inaugural da cita nacional. Moito sol, pero pouco vento foron os protagonistas dunha xornada na que o primeiro e único bucinazo de saída soaba ás 17:45 horas grazas a ventos do Norte-Noroeste de nove nós de intensidade.

A frota disputou a única manga do día nas inmediacións do Real Club Náutico de Sanxenxo e o cartagenero Antonio Maestre, coa súa “Samba Pa Ti”, levábase o gato á auga e, de paso, colocábase líder do Campionato de España Iberdrola de Vela Adaptada. O galego Francisco Piñeiro marcábase un segundo posto na liña de chegada e cólgase a prata provisional da cita pontevedresa mentres que o catalán Francisco Llobet, terceiro hoxe, completa o caixón de honra provisional. Pola súa banda, o alacantino Rafa Andarias non puido competir no Campionato de España Iberdrola de Vela Adaptada debido a unha rotura de pau.

Os Damm 5.5, a escena no Campionato de España Iberdrola de Vela Adaptada

Mañá domingo, día 11, a frota paralímpica de 2.4 mR sairá á auga para disputar as tres últimas probas do Campionato de España Iberdrola de Vela Adaptada, pero nesta ocasión farano xunto aos DAMM 5.5. do Centro Nacional de Vela Adaptada FUNDACIÓN MAPFRE.

O Real Club Náutico de Sanxenxo conformou as tripulacións das embarcacións Damm 5.5 seguindo un obxectivo integrador, de maneira que aos tripulantes seleccionados por COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Minusvalidez) se lles sumará un destacado regatista de nivel internacional.

Campións olímpicos e vueltamundistas, cos Damm 5.5

Os campións olímpicos Fernando Echávarri e Antón Paz ou o vueltamundista Pablo Iglesias, entre outros recoñecidos regatistas galegos, navegarán a bordo dos Damm 5.5 no Campionato de España Iberdrola de Vela Adaptada, no que supón unha experiencia pioneira na integración de persoas con minusvalidez no deporte vela.

O Comité de Regatas podería dar o bucinazo de saída á primeira manga do día ás 11:00 horas e, por diante, as frotas de 2.4 mR e Damm 5.5 poderían disputar ata tres novas mangas. Unha vez finalicen as probas, o Real Club Náutico de Sanxenxo acollerá a entrega de premios do Campionato de España Iberdrola de Vela Adaptada.

Clasificación provisional Campionato de España Iberdrola de Vela Adaptada. 2.4 mR

Posición / Patrón / Club / Puntuación

1. Antonio Maestre (CAR Infanta Cristina), 1 punto

2. Francisco Piñeiro (CD Vela Escota), 2 puntos

3. Paco Llobet (CN Arenys de Mar), 3 puntos

4. Antonio Figueira (CD Vela Escota), 4 puntos

5. Jordi Cargol (CN La Escala), 5 puntos

10 de agosto de 2013 | 23:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.