O Festival Brincadeira de Ordes convertirá a estación da Pontraga nun terrorífico pobo pantasma
Esta mañá levouse a cabo a presentación oficial do Festival Brincadeira nunha rolda de prensa que tivo lugar no salón de plenos ubicado nos baixos da Alameda de Ordes. Un acto encabezado por Julio Negueruela e Ramón Vázquez Raña, organizador do evento e concelleiro de Cultura, respectivamente. Alí anunciose que a cita desenvolverase durante os días 9, 10 e 11 de agosto na estación da Pontraga, a cal se transformará nun auténtico pobo pantasma según a temática escollida este ano, as Ghost Towns e o terror.
Nesta ocasión o Brincadeira contará coa actuación de máis de 40 grupos musicais do panorama galego, nacional e incluso internacional. As entradas xa se poden mercar de xeito anticipado por tan só 15 euros, prezo que inclúe a zona de acampada, a través da web festivalbrincadeira.com, así como nas plataformas Ticketmaster, Ticketea.com, Novagaliciabanco.es, Fnac, Cerrefour, Halcónviajes.com ou La Caixa.
Durante os tres días a estación da Pontraga acollerá todo tipo de actividades, sorpresas e postos de diversa índole, de xeito que os asistentes terán cubertas todas as súas necesidades sin precisar desprazamentos. Aínda así haberá unha flota de autobuses que cada 30 minutos e dende as 16 horas achegarán ata a vila de Ordes a todos os que o precisen. As actuacións repartiranse en tres escenarios distintos dende os que se levarán a cabo as actuacións según o seu estilo musical, incluído os ritmos electrónicoa ou reggeae.
Por parte da organización estiman que cada día se achegarán ata Ordes algo máis de 5.000 persoas, “dado o volumen de venta de entradas tan satisfactorio que se está rexistrando. Moitas destas ventas son de fóra de Galicia e incluso doutros países como Portugal, Francia ou Inglaterra”, asegura Julio Negueruela, quen tamén aproveitou a súa intervención esta mañá para invitar a todos a que acudan ao festival disfrazados de xeito terrorífico. Para elo haberá, entre outros, stands de body painting gratuitos. Negueruela tamén amosou a súa satisfacción “por regresar ó concello no que naceu o Brincadeira, por contar cun espacio tan impresionante como a estación da Pontraga e por contar coa colaboración de Concello de Ordes”.
Cartel de artistas participantes:
13 Baths – Agoraphobia – Alto Asalto – Bolboreta – Cañita Brava – Chimo Bayo – Colectivo Boura Máis – Croma – Dios Ke Te Crew – DJ Mil – Dr Gringo – Dr Think – EU-G Soundkilla – Faba – G. Rich – Guadalupe Plata – Iham Zero – Invasive – Lory Money – Malaguita – Malandrómeda – Maniacs – Marc Pastco – Meneo – Mestre Pi – Overgrounz – Pedrito Diablo y los Cadáveras – Poni Bravo – Quando Vand – Rubik Dude – Rulassie Selektah – Senhor Jumento – Sho Kenke – Srasrsra – Superoito – Terbutalina – Vendetta – Wordly Savages – The other gang – The Warriors – Vampire











