O espectáculo “Elba e Marcos e os xoguetes encantados” fai as delicias dos cativos de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

Os nenos e nenas de Ordes disfrutaron dunha tarde plagada de risas e diversións grazas aos monicreques que o Verán Cultural, organizado polo Concello, achegou ata a Alameda. Nesta ocasión foi o turno para o espectáculo ‘Elba e Marcos e os xoguetes encantados’, unha trepidante hstoria de aventuras coa que os asistentes se emocionaron, riron, berraron e moito máis, ata conseguir que estas dúas personaxes atopasen os seus dons máis preciados, os seus xoguetes.

5 de agosto de 2013 | 21:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.