publicidade hoxe

O edificio do punto de atención á infancia remataranse no tempo estimado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaTordoia
A-
A+
Punto de Atención á Infancia de Tordoia

Punto de Atención á Infancia de Tordoia

As obras de construcción do novo Punto de Atención á Infancia do  Concello de Tordoia avanzan a moi bo ritmo, o que permitirá ter rematado o edificio nas datas estimadas, ao que lle restaría a contratación para a dotación do inmoble e do persoal.

Os traballos, financiados polo AGADER en máis do 90% e  cun orzamento de 181.348 euros, permitirán por en marcha esta infraestrutura que contará cunha superficie de 296 metros cadrados. O centro, dirixido a nenos de 0 a 3 anos disporá de 3 aulas, dous dormitorios, cociña, comedor e vestiarios. Segundo explicou o alcalde, Antonio Pereiro, “esta infraestructura permitirá ofrecer un espazo de atención especializada para arredor de vinte pequeños de ata os tres anos que contará con sala de xogos e gatexo, un área limitada para o descanso, así como zonas para a comida e a hixiene”.

O proxecto, aprobado no curso pasado, foi obxecto de modificación para adaptalo aos cambios de normativa en materia deste tipo de servizos, segundo o disposto pola Consellería de Benestar. Os cambios, que non afectan ao orzamento, foron aprobados no último pleno ordinario celebrado no Concello de Tordoia. O Punto de Atención á Infancia está situado no solar que o Concello adquiriu en Pedrouzos para a dotación de servizos ás cidadáns e onde tamén está situado o Centro Multiusos, xa en uso.

23 de agosto de 2013 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.