O dúo musical Cómplices repasará os éxitos da súa carreira na praza da Constitución de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVigo
A-
A+
Cómplices na presentación do concerto

Cómplices na presentación do concerto

Abel Caballero, Carmela Silva e David Regades acompañeron a Cómplices na presentación do “gran concerto”que ofrecerá o grupo o próximo sábado, ás 22:30 horas, na praza da Constitución, como peche da tempada de verán.

Segundo explicaron, o espectáculo contará con boa parte dos éxitos que Cómplices acumula ao longo dos trece discos publicados ata o momento, previo á súa partida a Chile e á grabación dos temas que conformarán o seu próximo traballo.

Teo Cardalda avanzou a participación de Juan Noguerol, artista que colabora con Cómplices, e anunciou que está a escribir novo material de cara á grabación do próximo traballo do grupo.

28 de agosto de 2013 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.