O ‘Día da Muiñeira’ celebrado en Ordes reuniu a máis de 1500 persoas

Dia da Muiñeira en Ordes
Novamente o Concello de Ordes rendeu un especial tributo ao noso folclore coa celebración do Día da Muiñeira. Un acto incluído no Verán Cultural e que tivo lugar na Alameda de Ordes aproveitando as boas condicións meteorolóxicas.
Un ano máis contouse coa participación de catro agrupacións da comarca: a Asociación Cultural Veciños de Leira, a Asociación Cultural Os xeitosos de Trazo, a Asociación Cultural ‘Camiño Real’ de Poulo e a Agrupación Folclórica Sementes do Arte. Durante as dúas horas longas que durou o espectáculo, a música e os sons propiamente galegos foron os auténticos protagonistas. Previamente, os integrantes de cada grupo realizaron un pasarrúas polo centro da vila interpretando pezas musicais en vivo para todos os veciños e veciñas que non quixeron perder esta cita e que chegaron a roldar os 1500 asistentes.
Para finalizar os concelleiros Ramón Vázquez e Lucia Iglesias fixeron entrega dunha placa conmemorativa a cada un dos grupos.











