O departamento pontevedrés de parques tala unha robinia pseudoacacia na Alameda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Parques inicia mañá a tala dunha robinia pseudoacacia da Alameda, situada a carón da avenida de Montero Ríos, dado a súa perigosidade para os viandantes. A árbore está acotada por valos e procederase a súa tala dende mañá pola mañá, de tal xeito que o espazo estea prefectamente acondicionado para acoller as atraccións das festas da Peregrina.

Os técnicos da Concellaría detectaron que a árbore estaba moi descalzada e grande parte do sistema radicular está podre, polo que urxe a súa tala para evitar que se desplome. A actuación consistirá nunha tala, rama a rama, e tamén o destoconado da zona.

A continuación, o mércores, a Concellaría acometerá a tala do cedro do ambulatorio. Logo de realizar durante varias semanas un tratamento de choque para evitar o fungo que afectou á árbore, os técnicos comprobaron que o exemplar non respostou positivamente a esta actuación, polo que é preciso a súa tala dado que tamén corre risco de desplome.

Os técnicos municipais explicaron que o duro inverno pasado tivo unha especial incidencia nestas árbores, de certa idade, que xa tiñan algunha patoloxía de base, até o de agora controlada. O duro inverno e a primaveira chuviosa afectou moi negativamente a estes exemplares acelerando estes procesos.

5 de agosto de 2013 | 16:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.