O departamento monfortino de deportes abre o prazo de inscrición nas escolas municipais
O concello de Monforte presenta a súa oferta de Escolas Deportivas Municipais para o curso 2013 – 2014. A oferta deportiva para esta campaña estrutúrase en escolas deportivas para rapaces/rapazas e escolas deportivas para adultos:
ESCOLAS DEPORTIVAS PARA RAPACES/RAPAZAS:
-Fútbol
-Golf
-Pádel
-Porteiros de Fútbol
-Ximnasia Rítmica
-Patinaxe Artística
-Kung Fu
ESCOLAS DEPORTIVAS PARA ADULTOS:
-Ximnasia de mantemento
-Ioga
-Tai Chi
-Iniciación ó Baile Moderno
A actividade de cada unha das modalidades deportivas comezará no mes de outubro e o prazo de inscrición estará aberto a partires do luns día 2 de setembro.
O custo por alumno e escola e de 92,70 € por curso. O curso terá unha duración de 8 meses, comezando a actividade no mes de outubro e rematando no mes de maio de 2014.
Para máis información e inscricións deben dirixirse á Oficina Municipal de Deportes, situada nas Casiñas da Compañía, tlf. 982-875-430, ou na páxina web do Concello www.monfortedelemos.es, na sección de Deportes.











