O departamento de servizos e medio ambiente ferrolá repasou 2.100 metros lineais e actuou en 89 indicacións viarias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou sobre o balance das actuacións de pintado e sinalización viarias acometidas durante a última semana nos barrios do Canido, A Magdalena, San Xoán, Caranza, Ensanche B, Ferrol Vello, Mandiá e Catabois. Ademais, o edil ferrolán tamén facilitou o informe sobre os traballos de limpeza e roce de camiños e cunetas executados durante a última semana nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Covas, Serantes e Esmelle.

Os operarios de Tragsa, empresa que acomete estas prestacións municipais, pintaron durante o período de tempo antes sinalado un total de 2.112,78 metros lineais, dos que 1.660,55 atenden ao trazados de liñas continuas e descontinuas e o restante a traballos de pintado de diferentes sinais viarias. Así mesmo, as cuadrillas da empresa adxudicataria do devandito servizo repasaron 48 indicacións viarias que corresponden con: 16 pasos de peóns, 11 sinais horizontais de stops, 10 prazas de aparcamento para minusválidos, 5 cedas ao paso, 4 frechas de dirección e 2 símbolos de autobús. Así mesmo, foron renovadas 41 sinais verticais, das que 12 son de perigo. De maneira máis concreta e ordenados por barrios, os traballos de pintado e sinalización viaria foron acometidos nas seguintes rúas:

– Canido: rúas Poeta Pérez Parallé, Insua, Doutor Fleming, Marola, Doutor Sixto Seco, Celso Emilio Ferreiro e Navegantes.

– A Magdalena: rúas Arce, Almendra, Rubalcava, Méndez Núñez, praza das Angustias, Coruña, Sánchez Barcaiztegui e Alameda do Cantón.

– San Xoán: estrada de San Xoán.

– Caranza: avenida de Castelao, rúa Exército Español e zona da Biblioteca de Caranza.

– Ensanche B: rúas Uruguay, Perú e Bertón.

– Ferrol Vello: rúas San Francisco, Espartero, Espíritu Santo e Paseo da Mariña.

– Mandiá: rúa Alonso López.

– Catabois: avenida Santa Cecilia e rotonda de Catabois.

Durante a última semana, un total de tres equipos con tres operarios cada un ocupáronse dos traballos de sinalización viaria, dos que dous se encargaron do pintado e o outro equipo da colocación de sinais verticais. Así, a previsión de traballo feita pola empresa Tragsa, adxudicataria do servizo, contempla que o vindeiro día 2 de setembro dará comezo a colocación de espellos por todo o Concello. Este plan de integral de mellora da sinalización, posto en marcha polo Goberno Municipal ao abeiro do Plan de Barrios, conta cun investimento de 300.000 euros no presente exercicio.

Limpeza e roces de camiños e cunetas

Por outra banda, foron executadas actuacións de roce e limpeza de camiños e cunetas durante esta última semana nas parroquias de Doniños, San Xurxo, Covas, Serantes e Esmelle. Este plan integral de mellora na zona rural forma parte do Plan de Barrios, posto en marcha polo Goberno Municipal que preside Jose Manuel Rey Varela, e conta cun investimento total para o presente exercicio de algo máis de 76.000 euros.

Un total de 1.367 metros lineais de roce de marxes de camiños foron executados polos operarios da empresa adxudicataria da prestación municipal nas parroquias do rural anteriormente citadas, ademais de 10.815 metros cadrados de roce de parcelas municipais -2.895 de maneira manual e 7.920 de roce mecanizado-. Ademais, foron iniciados os traballos de limpeza de cunetas, polo que se executaron 1.620 metros lineais dos mesmos; e foron realizados traballos de poda de árbores, así como recollida, apilado e astillado de restos. Os medios empregados nestas actuacións son un equipo cun total de tres operarios con motodesbrozadoras e motoserras, un encargado de obra, un tractor de rodas con desbrozadora mixta, unha furgoneta, un vehículo todoterreno, una retrocargadora e un camión.

30 de agosto de 2013 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.