O departamento de deportes de Ribadumia abre o prazo de inscrición nas escolas municipais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalRibadumia
A-
A+

A Concellería de Deportes de Ribadumia abre o prazo de inscrición para o novo curso das Escolas Deportivas Municipais de Ribadumia. Este será o sétimo curso para as escolas de patinaxe e de judo, mentres que se organizará por sexto ano consecutivo a Escola de Tenis, e o cuarto ano para a Escola Municipal de Xadrez.

Baloncesto e Baile Moderno incorpóranse este ano como novas alternativas para ocupar no tempo de ocio dos veciños de Ribadumia.

Os rapaces interesados en participar, e tamén maiores no caso das escolas de Tenis, Xadrez e Baile Moderno poden inscribirse nas oficinas municipais ata o próximo 15 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 h., o inicio das clases serán en outubro, agás baloncesto que comeza o 17 de setembro. Unha vez pechado o prazo de inscrición, crearanse os grupos segundo as idades dos participantes e o número de anotacións. Estas escolas deportivas están destinadas a rapaces de 5 anos en diante, agás a escola de Baloncesto e Xadrez na que a idade mínima para participar é de 6 anos. As clases serán impartidas nos diferentes pavillóns municipais. “É importante ofrecer unha oferta variada e de calidade, algo que desde o Equipo de Goberno de Ribadumia estamos conseguindo, non só coa continuación das Escolas Municipais, senón tamén co apoio económico aos clubs locais, como os de fútbol e piragüismo, que fomentan o deporte base”, defende Jorge Abal.

As Escolas Deportivas de Ribadumia son subvencionadas pola Concellería de Deportes e contan coa ensinanza de profesores titulados procedentes de cada unha das federacións galegas. O pasado curso participaron un total de 210 nenos do municipio nestas actividades que, segundo o edil de Deportes Jorge Abal, “pretenden potenciar a práctica do deporte en idade escolar e dar a posibilidade para que aos rapaces participen en diferentes disciplinas deportivas”.

Este ano a oferta de Escola Deportivas nas que poden participar adultos aumentan  polo alto interese que espertou os cursos de anos anteriores.

Así os maiores tamén poden anotarse a Tenis, Tenis de Mesa, Xadrez e Baile Moderno. E para os mais veteranos, xubilados e pensionistas, Ximnasia de Mantemento.

30 de agosto de 2013 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.