O Copacabana e o Combarro ocupan os primeiros lugares na Liga Galega
KAIAK POLO

Momento dunha das probas
O Copacabana e o Rodeira ocupan os dous primeiros lugares na Liga Galega de kaiak polo na categoría sénior, mentres o Combarro e o Copacabana B son os mellores en sub-16. Cangas acolleu a sexta xornada desta competición.
Na xornada disputada en Cangas, o Capacabana de Ferrol demostrou o seu potencial ao liderar a clasificación final sénior. O Rodeira B foi segundo. A continuación clasificáronse o Rodeira C, Umia, Rodeira A, Combarro e Copacabana B.
En sub-16, o Combarro foi primeiro e o Copacabana segundo.











