O Concello de Vilagarcía reserva 40 prazas para os cativos que queiran ir nas carrozas
Os nenos e nenas de entre 6 e 11 anos que queiran ir nas carrozas no desfile do domingo, 25 de agosto, deberán anotarse a partir do luns, 12 de agosto no consistorio. Como se vén facendo dende hai uns anos, o Concello reserva un número determinado de prazas para ampliar a participación a aqueles cativos na cidade e mesmo forasteiros que non pertencen a ningunha das entidades que dispoñen de vehículo para os seus socios, pero aos que lles fai ilusión participar na tradicional batalla floral.
O Concello dispón este ano de 40 prazas. Os únicos requisitos que se deben cumprir para poder ocupar unha delas son ter entre 6 e 11 anos e anotarse no departamento de Protocolo do Concello. Cómpre salientar que o seguro de responsabilidade civil só cobre aos nenos de 6 anos en diante, polo que desaconséllase tratar de anotar a cativos de menor idade. O prazo ábrese o luns, 12 de agosto e o horario é de oito da mañá a dúas da tarde. As prazas cubriranse por orde de inscrición e ata completarse. Non obstante farase lista de agarda, tamén por orden de chegada, para cubrir posibles baixas.
O desfile de carrozas será un dos actos principais do domingo 25 de agosto, xornada na que se clausuran as festas de San Roque.











