publicidade hoxe

O Concello de Tordoia executará unha senda peonil en Tarroeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTordoia
A-
A+

Cun coste total de 66.890 euros o proxecto tamén inclúe traballos de ampliación do saneamento

Tarroeira

Tarroeira

Co obxectivo de mellorar a seguridade vial no tramo situado no lugar da Torreira, na parroquia de Castenda, o Concello de Tordoia ven de dar luz verde aos traballos de execución dunha senda peonil neste vial, na marxe dereita da estrada provincial CP 8401, un dos puntos que frecuente tráfico de vehículos. Neste punto o lugar xa conta cunha travesía cunhas beirarrúas rematadas a ambos lados da calzada, unhas obras que tamén permitiron comezar uns traballos de saneamento na zona que agora continuarán ao tempo que se leva adiante esta senda peonil cunha lonxiturde aproximada de 364 metros.

Os traballos, valorados en algo máis de 66.000 euros permitirán a ampliación da rede de saneamento existente, incluindo o tramo de impulsión, instalación de canalizacións e pozos de rexistro así como a conexión a rede municipal. En canto á senda, o trazado discorrerá prácticamente paralelo á estrada provincial, cun ancho medio de 1.60 m, e permitirá comunicar o núcleo máis poboado da Torroeira coas vivendas máis alonxadas, alomenos por unha das marxes da estrada. O proxecto está financiado ao 100% pola Deputación da Coruña. Unha vez aprobado en pleno a execución deste proxecto, o goberno local conta con poder proceder a contratación e comezar en breve as obras.

14 de agosto de 2013 | 17:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.