O Concello de Teo comeza o campamento xuvenil en Oleiros con 15 participantes

Participantes no campamento
O grupo de participantes no campamento xuvenil organizado polo Concello de Teo saíron esta mañá dende a Ramallosa para o seu destino, Oleiros. Alí pasarán 10 días de convivencia nas que gozarán de xornadas de lecer e aprenderán a compartir, traballar en equipo e a ser un pouco máis autónomos e responsables. Este grupo está formado por 15 rapaces e rapazas de 13 a 18 anos.
O alcalde de Teo, Martiño Noriega, e o concelleiro de Mocidade, Xurxo Francos, estiveron esta mañá saudando ás familias dos participantes no campamento antes da saída. Durante o campamento os participantes ademais de ir á praia, farán actividades de aventura e deportivas. Poderán facer tiro con arco, escalada, sendeirismo, xincanas, xogos populares…
Campamento infantil
Pola súa banda, os/as máis pequenos/as, un grupo bastante máis numeroso xa que hai cen nenos/as anotadas sairán para o seu campamento o próximo 19 de agosto. Estarán tamén no albergue de Santa Cruz de Oleiros ata o 27 de agosto.











