O Concello de Santiago presenta as novas citas do programa “Imos ao baile”

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

Continúa a desenvolverse con éxito o programa Imos ao baile 2013, organizado pola Concellería de Centros socioculturais e Participación Cidadá. As próximas citas serán o 30 de agosto e o 7 de setembro. O Local Sociocultural de Casas Novas acollerá unha sesión de baile o vindeiro venres, 30 de agosto, a partir das 22:30 horas. Nesta ocasión amenizará a velada o grupo Glamour.

Na seguinte semana, o sábado 7 de setembro, o baile desprázase á Casa das Asociacións de Cornes. Alí, dende as 17:30 horas, sesión musical co grupo Enclave.

A participación é de balde, suxeita unicamente ao aforo das distintas localizacións. O programa Imos ao baile 2013 aínda ten preparadas sesións de baile ata o mes de decembro.

28 de agosto de 2013 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.