O Concello de Ourense adquire a “Casa da panadería” no conxunto das Burgas
O Concello, na pasada reunión da Xunta de Goberno Local, acordou a aprobación definitiva do proxecto de expropiación da planta baixa da antiga “Casa da Panadería” situada nas traseiras das Burgas, na rúa Burgas, nº5. A parcela, cunha superficie de 133,80 m2, está afectada pola calificación de “espazos libres/zona verde e viario” do vixente Plan Especial do Ben de Interese Cultural con categoría de sitio histórico do conxunto “Fontes termais das Burgas e o seu contorno delimitado”.
Coa aprobación da expropiación, o conxunto das Burgas contará cun novo acceso ás fontes termais das Burgas dende a rúa Cervantes, e comunicaranse, ás rúas Cervantes, Burgas e a praza coa fonte termal.
A intervención contempla obras destinadas a obter un paso público mediante a demolición de muros e baleirado da planta baixa da edificación, conservando a terraza existente na planta alta. Para o novo acceso crearase unha nova estrutura a base de piares illados e vigas que permita o paso entre a rúa da Burgas e a praza co parque das traseiras das Burgas.
O proxecto realizarase nunha superficie de 133,80 m2, dunha superficie total de 2773,17 m2, que integran a área de intervención das Burgas, dos cales 2.675,22 m2 atópanse calificados coma espazos libres/ zona verde e os restantes 97,95 m2 como equipamento sociocultural.
Coa obtención desta parcela, á que se lle engaden 6,52 m2 calificados como rede viaria, pertencentes á rúa das Burgas e á Praza das Burgas, a superficie total a expropiar alcanza os 140,32 m2, por un importe de 139.435,84 euros.
A adquisición da parcela por parte do Concello implica un novo paso cara a rehumanización e reforma do entorno das Burgas e a súa posta en valor, implicando ademáis a psibilidade de continuar coas excavacións na zona termal e a futura ampliación da piscina termal.











