O Concello de Neda inicia a reparación da cuberta do pavillón polideportivo e o pintado das pistas
O Concello de Neda anunciou esta mañá o inicio das obras de reparación da cuberta do pavillón polideportivo municipal e do pintado das súas pistas para a práctica deportiva. A intervención era moi demandada por usuarios e persoal das instalacións municipais dado o avanzado estado de deterioro da infraestructura. E, a imposibilidade do Concello para asumir os custes que conlevaba, levou á Administración local a solicitar a colaboración económica da Deputación. A resposta foi positiva e, deste xeito, é a institución provincial quen aporta a financiación necesaria.
A intervención facíase necesaria ante as filtracións de auga que se rexistraban a través da cu-berta en forma de goteiras e que condicionaban a utilización deste equipamento. Por iso, propúxose levar a cabo a reparación da cuberta que, entre outras accións, conlevará a montaxe de novos paneis de policarbonato, canos e baixantes de pluviais.
Así mesmo, executaranse obras de saneado do parquet e pulido e pintado das canchas correspondentes ás especialidades deportivas que nela se desenvolvan, como fútbol-sala, balonmán, baloncesto, minibásket e voleibol.
A intervención dispón dun prazo de execución dun mes e o orzamento ascende a 53.230 eu-ros.











