O Concello de Neda convida aos veciños a participar na Ruta dos Muíños do Belelle este sábado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalNeda
A-
A+

No marco do calendario de actividades da Festa do Pan de Neda deseñado polo Concello para conmemorar o XXV aniversario desta emblemática cita gastronómica, a responsable municipal de Promoción Turística, Montse Rico, invitou á cidadanía a disfrutar este sábado, 31 de agosto, da Ruta dos Muíños do Belelle. Aberta á participación de todo aquel que esté interesado en coñecer de preto o proceso de elaboración do pan, a ruta celébrase, como é tradición, na xornada previa á Festa do Pan. Esta camiñata guiada e gratuíta, de tres horas de duración, inclúe a visita a varios muíños, onde se ve o proceso de elaboración do pan, con degustación incluída. Iso si, para participar é preciso inscribirse previamente na Casa da Cultura da real vila antes do venres.

Partirá ás 10,30 horas do adro da Igrexa de Santa María, e discurrirá polo marxe do río Belelle ata o Roxal. Rematará nun dos muíños, onde os participantes poderán asistir a unha demostración do seu funcionamento e degustar despois productos típicos de Neda. O regreso prevése sobre as 13,30 horas. E, nesta liña, a concelleira Montse Rico agradeceu a colaboración da firma Motus Gestión de Tiempo Libre na organización desta ruta.

Doutra banda, a edil de Promoción Turística lembrou que a cidadanía pode mercar de forma anticipada os tickets para participar no xantar popular da XXV Festa do Pan de Neda, que se celebrará este domingo, 1 de setembro. Así, aqueles que recurran a este sistema e merquen os bonos nas oficinas municipais (en horario de mañá) ou nos negocios hosteleiros da Ruta do Pincho “Mellor… con pan de Neda” evitaranse as colas que normalmente se producen e terán un sitio xa reservado á mesa. O menú, de doce euros, inclúe empanada, arroz con polo, churrasco, bola de Neda e café, así como bebidas e, como non, o tradicional pan da real vila.

28 de agosto de 2013 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.