O Concello de Mos introduce para os policías locais de maior idade o réxime de segunda actividade

A alcaldesa con membros da Policía Local
No Pleno ordinario municipal celebrado esta semana aprobouse definitivamente a modificación da Relación de Postos de Traballo, RPT, do Concello de Mos.
Sobre este punto da orde do día informaron hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Persoal, Julia Loureiro, explicando que en sesión plenaria de 5 de agosto levouse a aprobación a citada modificación que non implica diminución nin incremento da plantilla municipal, é dicir, mantéñense os mesmos postos de traballo pero facendo unha reorganización dos mesmos, ademais do avance fundamental que se acada con esta modificación e que consiste na creación, no departamento da Policía Local, de dúas prazas en réxime de segunda actividade, en base ó establecido na Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia.
Con este acordo preténdese regular unha situación administrativa especial que ten por obxecto garantir unha adecuada aptitude psicofísica dos integrantes do corpo da Policía Local de Mos en canto permanezan en servizo activo, asegurando así a eficacia de dito servizo.
O paso á segunda actividade poderá ter lugar polo cumprimento das idades establecidas para cada escala, por diminución das condicións psicofísicas, ou por embarazo e lactancia. Neste sentido, o persoal funcionario que se atope en situación de segunda actividade poderá desempeñar, dacordo coa súa formación e categoría, e preferentemente na área de seguridade entre outras funcións, a vixiancia dos edificios públicos, xestión e control do mantemento dos medios técnicos da Policía Local, asistencia e apoio en traballos non operativos relacionados coa investigación de accidentes de tráfico, tarefas administrativas, e, en xeral, todas aquelas actividades técnicas de asesoramento , xestión e apoio da actividade policial que non impliquen actuacións operativas.
O Concello de Mos asume deste xeito a normativa regulamentaria establecida para o desenvolvemento da Lei de Coordinación, posibilitando que os policías locais, una vez acadada a idade prevista na norma, poidan seguir adscritos ó departamento desenrolando funcións que non esixen os esforzos derivados das intervencións operativas. E é que en Mos hai efectivos próximos ó cumprimento dos requisitos de idade establecidos e que, coa inclusión do réxime de segunda actividade, poderían solicitar o seu pase a esta última coadyuvando ó cumprimento das obrigas do corpo de Policía Local.
Reorganización
Polo demais, esta modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Mos non supón incremento nin diminución da plantilla municipal, mantéñense os mesmos postos de traballo e non se suprime ningún, polo que supón máis unha reorganización da RPT que unha modificación.











