publicidade hoxe

O Concello de Miño pecha o primeiro semestre do ano ao día cos seus provedores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+

Tal e como se desprende do Informe de Morosidade emitido pola Tesoreria e Intervención municipal, o Concello de Miño finaliza o primeiro semestre de 2013 cumprindo coas obrigas cos seus provedores ao non haber a esa data ningunha factura pendente fóra do prazo de pagamento.

Dende o equipo de goberno indícase que as politicas de austeridade, aforro e optimización de recursos impulsadas dende alcaldía estan comezando a dar os seus froitos e esperan continuar con esta liña de compromiso de pagamento con todos aqueles terceiros que contratan co concello para que non se vexan prexudicados por atrasos no pagamento. O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, sinala que “o concello paga rigorosamente aos seus provedores e pretendemos axilizar tramítelos administrativos para reducir o tempo de pagamento”.

22 de agosto de 2013 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.