publicidade hoxe

O Concello de Miño contratará a un técnico de turismo durante o verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMiño
A-
A+

O Concello de Miño iniciou un proceso de contratación dun técnico de turismo para a atención da caseta municipal de información turistica situada no parque da Rúa durante os meses estivais.

Os prazos para presentar as solicitudes comezarán a partir de hoxe xoves e finaliza o luns 5 de agosto.

Requisitos

Os interesados en acceder a este posto deben cumprir unha serie de requisitos, entre os que se atopa o estar en posesión dalgunha das seguintes titulaciones: técnico superior en información e comercialización turística, técnico superior en guia, técnico en empresas e actividades turísticas e grado ou diplomatura en turismo.

Por outra banda, en canto ao sistema de selección será o de Oposición Libre, e constará de tres exercicios: unha proba de avaliación de coñecementos que será un exame tipo test, na que poderán reunirse un máximo de 30 puntos, unha tradución do galego ao inglés e viceversa, valorado en dez puntos e, para rematar, unha proba de tradución do castelán ao galego, exercicio que será valorado como Apto ou Non apto. Mediante estas tres probas os aspirantes serán valorados cunha puntuación, e a contratación realizarase tralo chamamento da persoa que, segundo a orde de prelación que figura na lista, corresponda ser chamada.

A datas dos exames aínda non se concretaron, pero fixaranse para a proxima semana.

1 de agosto de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.