O Concello da Coruña inicia as obras de humanización do lavadoiro de Feáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

As concelleiras de Barrio, Susana Pazo e Carmen Hervada, visitaron os traballos de humanización que se están a realizar no lavadoiro de Feáns co fin de mellorar o estado da pavimentación do camiño que une a rúa Aldea e o lavadoiro, así como o seu ámbito.

En concreto, a actuación, na que se invisten 35.000 euros, inclúe:

. Demolición do pavimento existente e pavimentación do camiño entre o lavadoiro e a rúa Aldea con 140 metros cadrados de lastra prefabricada de formigón.

. Demolición do pavimento existente e pavimentación do ámbito do lavadoiro con 33,40 metros cadrados de lousa irregular de pedra calcaria.

. Canalización en canalización de PVC para as augas pluviais.

. Execución de sumidoiros e colocación de arquetas e dunha luminaria mural.

. Subministración e colocación de barreira mixta metálica-madeira para protexer o peón na canle que chega ata o lavadoiro.

Con esta actuación, o Goberno local continúa cos seus labores de reparación de firmes e calzadas da cidade e de humanización de espazos.

10 de agosto de 2013 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.