O Concello da Coruña colabora co Servizo integral de aseo da Cociña Económica
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Servizos Sociais, informa da firma dun convenio de colaboración coa Cociña Económica polo que achegará un total de 18.000 euros que se destinarán ao Servizo Integral de aseo con duchas e baño.
Con este novo convenio, o Concello ratifica o seu compromiso cunha entidade que desenvolve un gran traballo en ao cidade e que conta con máis de 3.000 socios, xa que esta cantidade se suma aos 15.000 euros que se destinan en 2013 para apoiar o funcionamento e mantemento das instalacións.
Con esta colaboración o Goberno local segue mostrando o seu apoio ás entidades que realizan un importante labor na cidade, no ámbito social, e que complementa ás políticas desenvolvidas polo Concello. Neste sentido, a cantidade destinada a este tipo de entidades incrementouse en practicamente un 50% nos dous últimos anos.











