O Club Valdetires Ferrol F.S.F. recollerá o trofeo de Campioas de Liga de segunda división

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrolLocal
A-
A+

Mañá, 30 de agosto de 2013, a presidenta do Club Valdetires, Pilar, recollerá o trofeo de Campioas de Liga de 2ª División (Grupo I), na IV Gala do Fútbol Sala Nacional, organizada conxuntamente polo Comité Nacional de Fútbol Sala e a Liga Nacional de Fútbol Sala.

Este acto, que se celebrará ás 12:30 horas no auditorio Luis Aragonés na Sede da Real Federación Española de Fútbol, reunirá a todos os campións da tempada 2012/13 (1ª División, 2ª División (masculino e feminino) e 2ª División B’) aos que se lles entregará o seu merecido trofeo de liga.

A maiores, o Club Valdetires Ferrol F.S.F. recibirá unha mención especial por parte da organización, recoñecendo o gran labor realizado durante estes 30 anos de existencia.

29 de agosto de 2013 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.