O Club San Franciso de Teo organiza un campus de fútbol americano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalTeo
A-
A+
As Gladiadoras de Teo. Foto de Rosi Paragunde

As Gladiadoras de Teo. Foto de Rosi Paragunde

O Club San Francisco Teo vén de organizar o II Campus Teo de fútbol americano en colaboración coa Asociación Galega de Fútbol Americano e a Federación Española de Fútbol Americano. Esta iniciativa contou cunha gran afluencia de participantes, un total de 65 persoas, que chegaron dende distintos puntos de Galicia, Madrid, Valencia, Barcelona e Portugal.

O Campus estivo orientado á formación e perfeccionamiento de xogadores, xogadoras, adestradores e árbitros de fútbol americano.

Adestradores das seleccións españolas masculina e feminina de fútbol americano déronse cita en Teo para colaborar co Club San Francisco no aspecto formativo. O grupo de coaching estivo dirixido por Sebastian Serrano en categoría masculina e Roberto Torrecillas en categoría feminina.

Se ben o Club San Francisco organizou o ano pasado un Campus de Futbol Americano, para dar inicio a súa sección, esta é a primeira vez que se organiza en Galicia un tamén na modalidade feminina. Apoiando ás “Gladiadoras” do Club San Francisco Teo, estivieron no evento as capitanas da selección española Ada Quintana e Silvia Mansilla.

O Club San Francisco Teo preparase para comenzar unha nova tempada en todas as súas categorías: Masculino Senior, sub-19, sub15 e Feminino e abre a inscrición para novos e novas xogadoras na sede do Club ou por correo electrónico a csfteofa@gmail.com

Na foto, aparece o equipo feminino de fútbol americano do San Francisco Teo, as Gladiadoras, adestrando coa capitana do equipo español Ada Quintana.

 

14 de agosto de 2013 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.