O Club Náutico Ría de Ares celebrou esta fin de semana varios campionatos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresDeportesLocal
A-
A+
O presidente da Federación Galega de Vela co campión galego de windsurf

O presidente da Federación Galega de Vela co campión galego de windsurf

Este pasado fin de semana, 9, 10 e 11 de agosto, celebrouse a “XXVII Regata Multiclase xeral Gabeiras-Memorial Carlos Aguilar”, patrocinada pola empresa Arraela s.l. e que contou coa colaboracion do concello de Ares, onde participaron preto de 100 nenos de distintas idades nas modalidades de vela lixeira: Optimist, Vaurien, 4.20, Láser, Snipe, Omega, Raquero e Topper procedentes dos seguintes clubs: Real Club Náutico da Coruña, o Club Deportivo Sociocultural da Armada “O Montón” de Ferrol, o Club Náutico Recreativo de Sada, o Club Marítimo “A Penela” de Cabanas, Club Grupo Bazán de Ferrol, así como o “Club Náutico Povoense” de Portugal e o Club Anfitrión.

Esta proba, a máis antiga do calendario de probas oficiais deste club, forma parte do denominado “Circuíto Optimist Rías Altas” creado conxuntamente polo noso Club e o Real Club Náutico da Coruña, o Club Deportivo sociocultural da Armada “O Montón” de Ferrol e o Club Náutico Recreativo de Sada, e desenvolveuse cunhas condicións meteorolóxicas optimas aínda que con vento constante e forte do nordés.

Ademais, celebrouse ao mesmo tempo o prestixioso Campionato Galego de Wíndsurf que reuniu os máis destacados windsurfistas de toda a comunidade autónoma.

Aas clasificacións definitivas da XXVII regata xeral gabeiras multiclase-memorial Carlos Aguilar, despois de dous días de probas celebradas foron as seguintes:

1:             OPTIMIST REGATA:

Pos

Patrón

Club

1

ALBERTO DE ANDRES

C.N. RECREATIVO DE SADA

2

PALOMA GONZALEZ VIVERO

C.N. RÍA DE ARES

3

MARCO CUMANI ROIG

C.N. RECREATIVO DE SADA

 2:             OPTIMIST ESCUELA:

Pos

Patrón

Club

1

NUNO MEIJIDE

C.N. RÍA DE ARES

2

JAVIER SILVA

C.N. RÍA DE ARES

3

SUSANA

C.N. RECREATIVO DE SADA

 3:             VAURIEN:

Pos

Patrón

Tripulante

Club

1

NACHO GOAS

 

 

2

PABLO BERNAT

DIEGO BEGARRA

C.M. LA PENELA

3

GONZALO FERNANDEZ

ISABEL TENREIRO

C.N. RÍA DE ARES.

 4:             SNIPE:

Pos

Patrón

Tripulante

Club

1

MIGUEL PAZ

CARLOS MANSO

C.N. RECREATIVO DE SADA

 5:             LASER:

Pos

Patrón

Club

1

SERAFIM GONÇALVES

CLUB NAVAL POVOENSE

2

OSCAR ALVAREZ

OZA

3

BERNARDO DE ANDRES

C.N. RECREATIVO DE SADA

 6:             4.20:

Pos

Patrón

Tripulante

Club

1

JAVIER BERNAT

MIGUEL BERNAT

C.M. LA PENELA

 7:             OMEGA:

Pos

Patrón

Tripulantes

Club

1

CLAUDIA GALLEGO

SARA BARBEITO-LIA DIAZ

C.N. RÍA DE ARES

 9:             RAQUERO:

Pos

Patrón

Tripulantes

Club

1

MARIA NIEVES ALONSO

CARMEN-FELICIDAD-COVADONGA

C.N. RÍA DE ARES

 10:           TOPPER:

Pos

Patrón

Tripulantes

Club

1

JAVIER BARCIA

ANDREA BARCIA

C.N. RECREATIVO DE SADA

 No caso do CAMPIONATO GALEGO DE WÍNDSURF, as clasificacións despois de tres días de intensas probas, e polo tanto o campión galego foi na clase Fórmula WÍNDSURF: Post Patrón Club, NACHO FERNANDEZ GARCÍA C.N. DE CANGAS.

Unha vez finalizadas todas as probas do día, todos os participantes asistiron á Entrega de Premios que se celebrou o domingo 11 de agosto ás 18:00 horas nas instalacións do Club Náutico Ría de Ares, coa asistencia de Manuel Villaverde, presidente da Federación Galega de Vela, que entregou a placa ao Campión Galego de Windsurf, José Manuel Caruncho, representante da empresa ARRAELA S.L. patrocinador principal da proba, José Eugenio Fernández Lago, Primeiro Tenente-Alcalde do Concello de Ares, Raquel Idoeta, Viúva do fundador e Presidente do Club cuxo nome leva esta regata, así como a Xunta Directiva do Club representada polo seu Presidente de Honra, Fernando Montoto.

Houbo premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría así como un obsequio para todos os mozos participantes a xeito de recordo da súa participación nesta vixésimo septima edición da regata multiclase.

13 de agosto de 2013 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.