publicidade hoxe

O Cidade de Pontevedra conquista o Descenso do Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraDeportesDeportes PortadaLocal
A-
A+
Descenso Internacional do Miño

Descenso Internacional do Miño

O Club Piragüismo Cidade de Pontevedra logrou o triunfo por equipos no Descenso Internacional do Miño, demostrando desa forma o seu excelente nivel deportivo na actual tempada. Alexandre Castro e Iván Villanueva, en cadete K-2, e Jenifer Casal, en xuvenil C-1, foron os que triunfaron nas súas respectivas categorías. A actuación do conxunto pontevedrés foi excelente.

Na clasificación oficial e final por equipos destacou o Club Piragüismo Cidade de Pontevedra ao lograron 3.547 puntos e desa forma logrou superar ao Kaiak Tudense, o organizador, que totalizou 3.401 puntos. O terceiro na clasificación foi o Ría de Aldán Hermanos Galdón, con 2.808 puntos, e cuarto foi Ás Torres de Catoira – Romaxe Viquinga, con 2.772 puntos. Na proba tudense houbo representantes de corenta equipos, algúns deles portugueses.

O Cidade de Pontevedra posúe unha canteira excepcional. Logrou a vitoria en xuvenil C-1 con Jenifer Casal á que se debe engadir o terceiro posto de Nerea Gondar. Tamén Alexandre Castro e Iván Villanueva lograron o triunfo en cadete K-2.

Os representantes pontevedreses tamén tiveron unha destacada actuación noutras modalidades. Cristian Torres e David Figuera foron segundos en xuvenil C-2. O mesmo lugar ocuparon David González e Adrián Vilas en cadete C-2. Na categoría sénior, Lidia Martínez e Raquel Rodríguez foron segundos en K-2.

A traxectoria en canto a resultados e traballo ao longo da presente tempada do Club Piragüismo Cidade de Pontevedra é magnífica. Tamén quedou demostrado na cuarta regata de crías disputada na Illa de Arousa o pasado domingo, ao rematar no terceiro lugar na clasificación por clubs.

13 de agosto de 2013 | 12:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.