O ciclo de cine trasládase á praza da Peixería para evitar problemas co vento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O ciclo de cine “Educando en Valores” que se desenvolve dende onte no marco da semana do Voluntariado trasládase á Praza da Peixería co obxecto de evitar os problemas rexistrados co vento na sesión inaugural celebrada onte na Praza de Galicia. A partir de hoxe e ata o venres, as proxeccións serán na Peixería a partir das 21:00 horas, onde esta noite se proxectará “Kirikú e as bestas salvaxes” e mañá “James e o melocotón xigante”. A entrada é libre e de balde.

O ciclo de cine Educando en Valores rematará o xoves coa exhibición doutra película de animación, “Happy Feet”, aínda que os actos da Semana do Voluntariado organziada pola Concellería de Xuventude e Voluntariado proseguirán o venres coa celebración do I Perrathon Solidario en beneficio da Protectora de Animais e coa festa do Voluntariado e a Gala Solidaria que se celebrará o sábado a modo de clausura do programa.

27 de agosto de 2013 | 23:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.