O centro loxístico da Volta Ciclista España emprázase no Pazo de congresos da Toxa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedraProvincias
A-
A+

Trátase dunha oficina permanente con centro de acreditacións, centro de conferencias e carpas para as reunións dos equipos.

visita ao centro de operacións administrativas

visita ao centro de operacións administrativas

As instalacións do Palacio de Congresos de A Toxa contan cun amplo equipamento  para desenvolver as labores de todo o persoal que forma parte da Volta, equipos e prensa, de maneira que todo funcione do xeito máis cómodo e eficaz posible. A sala de prensa equipada para periodistas e cámaras ten capacidade para máis de 150 persoas, tomas de electricidade, un sistema de audiovisual para o seguimento da carreira, e un escenario onde se farán as roldas de prensa de todos os equipos participantes.

Ademais, no campo de tiro instaláronse dúas carpas con departamentos no que se realizarán as reunións claves para coordinar o entramado de todas as etapas da volta, tanto en Vilanova, Sanxenxo Baiona e Fisterra. Nelas se  dará acollida aos diferentes operativos de policía nacional, garda civil, sala de xurado técnico ou servicing específico da clientela, e onde tamén se fará un baremo dos resultados de cada etapa e os posibles problemas plantexados.

Por outra banda, o despregue da Volta conta cun centro operativo móbil que facilita a problemática de mobilidade das oficinas dun lugar a outro. Esta oficina móbil controla toda a loxística relativa a ocupación hostaleira, só nas catro etapas das Rías Baixas se ocuparán 5.000 camas en 27 hoteis durante 7 días, para ciclistas, equipo técnico,prensa, patrocinadores e corpo de seguridade, polo que hai que, en palabras de Guillén, “facer un esforzo para conseguir a maior calidade dos servizos, comodidade, e sobre todo, descanso para os equipos”.

O presidente da deputación destacou a gran labor organizativa que está realizando todo o persoal implicado que ademais de potenciar un evento deportivo do calibre da Volta, axudan sen dúbida “a potenciar o turismo das Rías Baixas, a súa gastronomía, e todo o seu potencial como terra”. Mañá venres, se levará a cabo unha reunión con tódolos inscritos na Volta e onde se informará de orde de saída, funcionamento da batea, zona de equipos, zona de desembarco, así como organización da carreira, e seguimento.

23 de agosto de 2013 | 00:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.