O Carballiño homenaxea na semana do Polbo ao primeiro operario do Parque Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaO Carballiño
A-
A+
Instante da homenaxe

Instante da homenaxe

José María Otero Pérez “o Bastoncito” foi o primeiro operario contratado polo concello, no ano 1934, para encargarse do Parque Municipal. O seu labor pódese gozar na actualidade, paseando polo parque do Carballiño e gozando das numerosas especies de árbores que, moitos deles, foron plantados por este traballador municipal, cuxa fama traspasou a fronteira do concello xa que era chamado de concellos limítrofes para ocuparse dos seus parques, como é o caso da Saleta en Boborás.

Argimiro Marnotes, xunto á edil de Turismo e os fillos e netos de “o bastoncito”, descubriron unha placa conmemorativa, situada no medio do Parque Municipal, co seu nome “para que todos os carballiñeses e os que nos vingan a visitar coñezan a este veciño que tanto fixo pola nosa vila”, tamén sinalou o alcalde que “sirva esta homenaxe a quen tanto coido do noso parque, para asinar un compromiso de contar novamente con traballadores municipais que estean ao coidado deste, mantendo todo o seu esplendor”.

5 de agosto de 2013 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.